Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6117

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de febreiro de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

En virtude da Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 10 de decembro de 2014 (DOG núm. 243, do 19 de decembro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados/as funcionarios/as de carreira do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 16 de febreiro de 2015 ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as aspirantes convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

De conformidade coa base IV.6, a aspirante da quenda de promoción interna terá preferencia sobre os/as aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedaran sen adxudicar.

Quinto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Núm.

Código do posto

Nv.

Grupos

Corpo/escala

Denominación do posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

MAK010000115770052

18

C1

Especial

Negociado de Delineación

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

2

MAK010000115770054

18

C1

Especial

Negociado de Delineación

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

3

MAX010000215770058

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación II

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Área de Obras

Santiago de Compostela

4

MR3020000115770015

18

C1

Especial

Delineante

MR

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

S. X. de Infraestruturas Agrarias

Santiago de Compostela

5

MRC991040132001058

18

C1

Especial

Xefe de negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense)

Ourense

6

MRC991040132001060

18

C1

Especial

Xefe de negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense)

Ourense