Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6114

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de xaneiro de 2015 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 19 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, aos/ás aspirantes aprobados/as que se relacionan no anexo I desta orde, ordenados/as de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2015.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo I desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Excluír do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, aquel aspirante relacionado no anexo II desta orde que é nomeado funcionario de carreira do mesmo corpo en virtude desta orde, de acordo co disposto na base IV.6 da orde de convocatoria do 20 de xuño de 2013.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo I

Apelidos e nome

DNI

Posto elixido

Código do posto

Nv.

Grupos

Corpo/escala

Denominación do posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación específica

Observ.

1

López Sánchez, Miguel

33288182Y

1

ED3010000215770011

16

A2

Especial

Técnico medio arquivos

CU

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

S. X. de Arquivos

Santiago de Compostela

Axudante sección arquivo (R.I.)

2

Encinar Romero, María Pilar

32783032M

2

EDC995030115001020

16

A2

Especial

Técnico medio arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo do Reino de Galicia

A Coruña

Axudante sección arquivo (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

3

Castro García, Noelia

32840531G

3

EDC995030115001021

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de arquivos

ED

Servizos periféricos

Arquivo do Reino de Galicia

A Coruña

Axudante sección arquivo (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

4

Pérez Fernández, Alba

44476184A

9

PRC991000132001200

18

A2

Especial (escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos)

Técnico/a medio arquivo

PR

Servizos periféricos

Edificios xudiciais (Ourense)

Ourense

5

Amado González, Fernando

53544885B

6

EDC995030136001007

16

A2

Especial

Técnico medio arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo de Pontevedra

Pontevedra

Axudante sección arquivo (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

6

Ordóñez Reboiras, María del Mar

76967595G

5

EDC995030132001010

16

A2

Especial

Técnico/a medio/a de arquivos

ED

Servizos periféricos

Arquivo Ourense

Ourense

Axudante sección arquivo (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

7

López Bodaño, Antonio

36126105M

4

EDC995030127001011

16

A2

Especial

Técnico medio arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo Lugo

Lugo

Axudante sección arquivo (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

Anexo II

Apelidos e nome

DNI

López Sánchez, Miguel

33288182Y