Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6113

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xaneiro de 2015 pola que se exclúe un aspirante admitido ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013.

En virtude da Resolución do 21 de febreiro de 2014 (DOG núm. 51, do 14 de marzo), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

Unha vez advertido que un aspirante incluído como admitido con carácter definitivo na dita resolución non cumpría o requisito de estar en posesión ou en condicións de obter os permisos de conducir das modalidades A2 e B con autorización BTP exixidos na Orde do 11 de outubro de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír o aspirante Miguel Ceballos San Miguel, con DNI 53781366-Y, do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleira competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998,
do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda