Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 21 de xaneiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2014/16-5.

Nome: Baúl do Oriente, S.L.

CIF: B94012192.

Último enderezo coñecido: r/ Concepción Arenal, 83 baixo, 36780 A Guarda.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 1 do anexo A da Orde do 4 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro parcial.