Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CÉDULA do 6 de febreiro de 2015 pola que se notifica a resolución desestimatoria do recurso que presentou Mª Begoña Fernández Soutelo contra a Resolución do 5 de agosto de 2014, pola que se lle denega unha axuda para o proxecto B14-32110-0105.

O 13 de outubro de 2014 a presidenta da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) desestimou o recurso que presentou Mª Begoña Fernández Soutelo contra a resolución do director xeral de Agader, do 5 de agosto de 2014, pola que se lle denega unha axuda para o proxecto B14-32110-0105.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante esta célula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a dita resolución.

En atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se fai saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, en Santiago de Compostela) para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, entenderase producida a notificación.

Para que conste e sirva de notificación á interesada en virtude do artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural