En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, en que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.5 da Orde do 7 de abril de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas no ano 2014 a entidades xuvenís de ámbito provincial de Ourense, mediante resolución da Xefatura Territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Orde do 7 de abril de 2014. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta resolución.
Ourense, 10 de febreiro de 2015
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Beneficiarias: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións (ámbito provincial).
Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.
Orzamento: 25.000 €.
Nome da entidade |
Provincia |
Proxecto |
Concedido |
Asociación Xuvenil Amencer |
Ourense |
Trisquel |
3.000 |
Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO) |
Ourense |
Teatrómica |
4.000 |
Asociación Down Ourense |
Ourense |
Autoxestiono o meu tempo de ocio |
4.000 |
Asociación Cultural Rebulir |
Ourense |
Somos senlleiros, comunidade tradición e desenvolvemento rural |
3.650 |
Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple (AODEM) |
Ourense |
Escapadas múltiples II |
2.002 |
Asociación Xuvenil Arteficial |
Ourense |
Arteficial 2014 |
4.000 |
Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos |
Ourense |
Innovación xuvenil sobre a cultura tradicional |
3.954 |