Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 3 de marzo de 2015, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-044/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 3 de marzo de 2015

P.V. (Resolución do 14.10.2014)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-044/14.

Expediente de construción: PO-85/190, conta 30.

Nome: comunidade hereditaria de Ángel Durán Darriba e Lealdina Rodríguez Ricón.

Enderezo: rúa Pai Crespo, núm. 94, baixo A, 36800 Redondela, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: conforme co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; requirímoos para o pagamento dos 15 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes da vivenda que foi adxudicada a Ángel Durán Darriba, por un importe total de 2.448,12 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 3.2.2015, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.12.2013 e o 1.2.2015, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo co artigo 142 do regulamento de VPO e co artigo 84 de la LRX-PAC, concédeselles un prazo de 15 días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e entreguen a documentación que consideren conveniente.

Advertímoslles que, en caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato.