Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (730/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 730/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Villa Bretal contra Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Procedemento: despedimento 730/2014.

Demandante: Carmen Villa Bretal.

Demandados: Pescados Juan Fernández, S.L.; Fogasa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015.

Feitos.

Primeiro. En data do 5.12.2014 ditouse sentenza no presente procedemento, a cal se dá por reproducida.

Segundo. En data do 16.12.2014 presentouse escrito de aclaración pola demandante no cal solicitaba a rectificación de sentenza por omitir a condena de 1.425,92 € en concepto de salario do mes de xullo de 2014, mantendo o resto de pronunciamentos.

Terceiro. Tras dárselle traslado ás demais partes, non se fixeron alegacións.

Cuarto. Na data da presente recibiu este xulgador estas actuacións para a súa resolución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Establece o artigo 267.1 da LOPX que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza; o citado artigo, no seu número 2, establece que as aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo (…), así mesmo o número 3 relata que os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. Non cabe dúbida de que se produciu un erro por omisión ao non reflectir a condena da demandada pola contía expresada na presente, máxime cando da totalidade da proba practicada no procedemento devén a estimación desta.

Polo tanto, non cabe máis que apreciar a aclaración pretendida.

Parte dispositiva.

Modifícase a sentenza de data 5.12.2014, ditada no presente procedemento, nos seguintes termos: na súa decisión débese engadir o seguinte parágrafo: «Debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe á demandante a contía de mil catrocentos vinte e cinco euros con noventa e dous céntimos (1.425,92 €) en concepto de salario do mes de xullo de 2014 non aboado».

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra esta non cabe interpor ningún recurso.

Así, por este auto, pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

A secretaria xudicial