Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 808/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 808/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isaac Chapela García contra Palmeiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza número 91 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 808/2014 e acumulado 106/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, resolución contractual e reclamación de cantidade, por instancia de Isaac Chapela García contra Palmeiro, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza:

(…)

Decisión:

Que debo estimar e estimo as demandas presentadas e, en consecuencia:

1º. Estimo a acción de resolución contractual, declaro resolto o contrato de traballo que unía as partes na data da presente resolución por causa imputable ao empresario e condeno a demandada ao aboamento da indemnización de 11.797,13 euros.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 14 de outubro de 2014.

3º. Condeno a demandada ao aboamento dos salarios de tramitación devindicados a razón de 51,25 euros desde o 14 de outubro de 2014 ata a data da presente sentenza.

4º. Condeno a demandada ao aboamento de 11.870,93 euros en concepto de salarios, pagas extras e liquidación de vacacións devindicados ata o 14 de outubro de 2014, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET dos traballadores.

5º. Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da parte demandante por importe de 200 euros.

6º. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Palmeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

A secretaria xudicial