Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14617

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva. No anexo I da dita orde recóllese a modalidade A destas axudas.

No artigo 2 das bases da orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir as persoas candidatas e no artigo 2 do anexo I concrétanse os requisitos para a modalidade A.

De acordo co establecido no artigo 6 da convocatoria, despois de estudadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as universidades solicitantes tiveron un prazo de dez días para formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes admitidas foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo I da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 7 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor no cal figuran as universidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e unha lista de espera coas solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección, fixada en 75,25 puntos.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección reunida o día 26 de marzo de 2015, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade A de apoio á etapa de formación posdoutoral para o ano 2014 ás universidades do SUG que contraten os/as candidatos/as seleccionados/as para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de espera, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións. Nesta lista figura unha prelación, por orde decrecente de puntuación final, dun total de 15 persoas candidatas que non foron seleccionadas por teren unha puntuación inferior á do/a último/a candidato/a seleccionado/a pero que teñen unha puntuación superior á mínima establecida pola comisión de selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 29 de abril de 2015, agás para os/as cidadáns/dás non comunitarios que poderán asinar o contrato ata o 29 de xuño de 2015.

Quinto. As 50 axudas posdoutorais (modalidade A) concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución, segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 10 da Orde do 24 de xullo.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de prazas

Crédito (en euros)

2015

2016

2017

2018

Total

09.40.561B.444.0

UDC

4

78.789,04

151.263,70

145.596,86

67.650,40

443.300,00

USC

28

554.556,16

1.052.461,64

1.010.029,40

473.552,80

3.090.600,00

UVIGO

18

341.155,46

651.532,88

639.484,86

304.426,80

1.936.600,00

Total

50

974.500,66

1.855.258,22

1.795.111,12

845.630,00

5.470.500,00

Sexto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sétimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Axudas concedidas

Universidade da Coruña

Nº de

expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota da

avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/152-0

UDC

Buján

Mera

Ana

*****801W

Ciencias Sociais e Xurídicas

86

2

3

ED481B 2014/155-0

UDC

Cotelo

García

Rosalía

*****997A

Artes e Humanidades

83

2

2

ED481B 2014/164-0

UDC

Bolón

Canedo

Verónica

*****130T

Enxeñaría e Arquitectura

76

2

2

ED481B 2014/156-0

UDC

Bermúdez

Pita

María

*****406V

Enxeñaría e Arquitectura

75

2

2

Universidade de Santiago de Compostela

Nº de

expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota da

avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/021-0

USC

Roca

Fernández

Ana Isabel

*****305L

Ciencias

95

3

3

ED481B 2014/018-0

USC

Marzoa

Fandiño

Juan

*****346V

Ciencias da Saúde

94,5

3

3

ED481B 2014/051-0

USC

Rodríguez

Outeiro

Luis

*****202H

Ciencias Sociais e Xurídicas

94

2

3

ED481B 2014/053-0

USC

Rey

Rico

Ana

*****211P

Ciencias da Saúde

93

2

2

ED481B 2014/034-0

USC

Pita

Orduna

Pablo

*****536R

Ciencias Sociais e Xurídicas

92,64

2

1

ED481B 2014/012-0

USC

Carpintero

Botana

Inmaculada

*****697B

Ciencias

92

2

2

ED481B 2014/078-0

USC

Nieto

García

Daniel

*****116N

Ciencias

91

3

1

ED481B 2014/083-0

USC

Serantes

Abalo

David

*****310E

Ciencias

90

2

2

ED481B 2014/015-0

USC

Ferreiro

Vila

Elías

*****518A

Ciencias

89,5

2

2

ED481B 2014/089-0

USC

Paredes

Méndez

Xavier

*****973W

Ciencias

89

1

1

ED481B 2014/176-0

USC

Martínez

Otero

Manuel Alberto

*****967W

Ciencias

87,5

3

3

ED481B 2014/040-0

USC

Rivas

Fontenla

Amable José

*****136G

Ciencias da Saúde

87

2

2

ED481B 2014/106-0

USC

Rama

Martínez

Gustavo

*****698L

Ciencias

86,5

3

3

ED481B 2014/039-0

USC

Quiñones

Téllez

Mar

*****747H

Ciencias da Saúde

86

2

2

ED481B 2014/175-0

USC

Böhme

 

Karola

*****476Z

Ciencias

86

1

1

ED481B 2014/076-0

USC

Regal

López

Patricia

*****907X

Ciencias

84

2

2

ED481B 2014/125-0

USC

Villarino

Palmaz

Lara

*****757X

Ciencias

83,6

2

2

ED481B 2014/086-0

USC

Correira Pinto

Carvalho de Matos

Maria Joao

*****242K

Ciencias

83,5

2

2

ED481B 2014/025-0

USC

García

Murias

Rebeca

*****617C

Ciencias Sociais e Xurídicas

83

2

2

ED481B 2014/062-0

USC

Carrascal

Incera

André

*****912H

Ciencias Sociais e Xurídicas

82,25

3

2

ED481B 2014/059-0

USC

Ramos

Castro

José Víctor

*****695H

Enxeñaría e Arquitectura

80,5

2

1

ED481B 2014/072-0

USC

Pichel

Gotérrez

Ricardo

*****150Z

Artes e Humanidades

80

2

3

ED481B 2014/033-0

USC

Garrido

Novelle

Marta

*****462H

Ciencias da Saúde

78,5

3

3

ED481B 2014/064-0

USC

Vives

Miró

Sonia

*****870G

Ciencias Sociais e Xurídicas

77,4

2

2

ED481B 2014/055-0

USC

Martínez

Lema

Paulo

*****363Y

Artes e Humanidades

75

1

1

ED481B 2014/004-0

USC

Hernando

Morata

Isabel

*****460V

Artes e Humanidades

74,5

2

2

ED481B 2014/014-0

USC

García

Vázquez

María Yolanda

*****058T

Artes e Humanidades

73

3

3

ED481B 2014/020-0

USC

López

Calderón

Carme

*****103P

Artes e Humanidades

71

1

2

Universidade de Vigo

Nº de

expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota da

avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/147-0

UVIGO

Prieto

Lage

Miguel Ángel

*****816R

Ciencias

93

2

1

ED481B 2014/091-0

UVIGO

Domínguez

Alonso

José Manuel

*****822V

Enxeñaría e Arquitectura

91

2

2

ED481B 2014/109-0

UVIGO

Otero

Martínez

Nicolás

*****953H

Ciencias

91

2

2

ED481B 2014/117-0

UVIGO

Míguez

Díaz

José Manuel

*****591C

Ciencias

89

2

2

ED481B 2014/133-0

UVIGO

Fernández

Villaverde

Alejandro

*****275S

Enxeñaría e Arquitectura

87

1

1

ED481B 2014/080-0

UVIGO

Romaní

Pérez

Aloia

*****865D

Ciencias

86,5

1

1

ED481B 2014/084-0

UVIGO

Delgado

Núñez

Cristina

*****324Z

Ciencias

84,2

1

1

ED481B 2014/079-0

UVIGO

Conde

Pardo

Paula

*****5515Y

Ciencias

83,5

1

1

ED481B 2014/136-0

UVIGO

González

Vilas

Luis

*****327C

Ciencias

83,5

3

2

ED481B 2014/098-0

UVIGO

Rial

Conde

Diego

*****567P

Ciencias

83,2

1

1

ED481B 2014/129-0

UVIGO

Fernández

Costa

Carolina

*****662Y

Ciencias da Saúde

82

3

3

ED481B 2014/121-0

UVIGO

Lorenzo

Fernández

Paula

*****999W

Ciencias

81,5

2

2

ED481B 2014/134-0

UVIGO

Figueiredo

González

María

*****052N

Ciencias da Saúde

81,5

1

1

ED481B 2014/142-0

UVIGO

Fuciños

González

Clara

*****878Q

Ciencias

81

1

3

ED481B 2014/104-0

UVIGO

Domínguez

Fernández

Irene

*****248J

Enxeñaría e Arquitectura

80,5

1

1

ED481B 2014/112-0

UVIGO

Movilla

Pateiro

Laura

*****027A

Ciencias Sociais e Xurídicas

78,5

2

2

ED481B 2014/101-0

UVIGO

Pozo

Antonio

José Santiago

*****648X

Enxeñaría e Arquitectura

78

1

2

ED481B 2014/085-0

UVIGO

Rocha

Álvarez

Delmiro

*****118P

Artes e Humanidades

72

2

3

ANEXO II
Lista de espera

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota da

avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/132-0

UVIGO

González

Villanueva

Rita

*****333H

Ciencias

81

1

1

ED481B 2014/167-0

USC

Alonso

García

Isaac

*****187T

Ciencias

81

2

2

ED481B 2014/075-0

UVIGO

Carracedo

Segade

Lidia Isabel

*****924C

Ciencias

80,5

2

2

ED481B 2014/124-0

UVIGO

López

Sandoval

Daffne Celeste

*****2495 no NIE

Ciencias

79,5

3

3

ED481B 2014/115-0

USC

Barros

Ríos

Jaime

*****401K

Ciencias

79,2

3

3

ED481B 2014/027-0

USC

Vázquez

Rodríguez

Saleta

*****932D

Ciencias

79

2

2

ED481B 2014/068-0

UVIGO

Barbosa

Pereira

Letricia

*****665P

Ciencias

78,5

2

2

ED481B 2014/119-0

UVIGO

Mateo

Mateo

Cintia

*****472N

Ciencias

78

2

2

ED481B 2014/024-0

USC

Freire

Aradas

Ana María

*****964D

Ciencias da Saúde

77

2

2

ED481B 2014/140-0

USC

Cambón

Freire

Adriana

*****961H

Ciencias

76,5

2

2

ED481B 2014/042-0

USC

Carballeira

Braña

Carlos Brais

*****024N

Ciencias

76,5

2

2

ED481B 2014/067-0

USC

Sobral

Bernal

María del Mar

*****679D

Ciencias

76

2

3

ED481B 2014/052-0

USC

Peón

López

Antonio

*****929V

Ciencias

76

2

2

ED481B 2014/110-0

USC

Tobío

Ageitos

Araceli

*****850L

Ciencias da Saúde

75,4

2

2

ED481B 2014/160-0

UDC

Vázquez

Silva

Iria

*****548B

Ciencias Sociais e Xurídicas

75,25

2

1