Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (739/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 739/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Rosende Fontán contra Ideas en Parquet Betanzos, S.L., sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 54/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: resolución e reclamación de cantidade 739/2014 e acumulado DSP 1233/2014, despedimento.

Demandante: José Luis Rosende Fontán

Letrada: Sra. Muruzábal Pérez

Demandado: Ideas en Parquet Betanzos, S.L.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

Decisión:

Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por José Luis Rosende Fontán fronte a Ideas en Parquet Betanzos, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a ela, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade de 3.433,24 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a nulidade do despedimento da parte demandante que se produciu o 26 de xuño de 2014, e condeno a empresa demandada a satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución, a razón de 43,05 euros/día.

3º. Condeno a empresa a satisfacerlle á parte demandante a cantidade de 11.272,59 euros en concepto de salarios devindicados e non percibidos e liquidación de haberes.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Ideas en Parquet Betanzos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de marzo de 2015

A secretaria xudicial