Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 16 de abril de 2015 Páx. 14659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (677/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 677/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Antonio Pérez Martínez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Juan Antonio Pérez Martínez, contra Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle recoñeza e lle fixe ao demandante unha xornada mensual ordinaria de traballo de 162 horas.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse, se é o caso, ao que resulte de aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

A secretaria xudicial