Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 38/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos García Rey contra Pescados Juan Fernández, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza número 96, cuxo encabezamento e resolución son do teor literalseguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 38/2015, seguidos por instancia de Juan Carlos García Rey, asistido pola letrada Sra. Gude Sampedro, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso voluntario, sendo o administrador concursal Diego Comendador Alonso), e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral, sobre despedimento obxectivo individual.

(…)

Decido:

1º. Que debo estimar e estimo a demanda interposta a instancia de Juan Carlos García Rey, asistido pola letrada Sra. Gude Sampedro, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso voluntario, sendo o administrador concursal Diego Comendador Alonso), e contra o Fogasa, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada extinguindo a relación laboral na data da sentenza, e condeno a demanda ao aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 27.833,25 €.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 63,51 €/día, o que dá a cantidade de 11.939,88 euros.

4º. Condeno a demandada a aboar as custas na cantidade de 200 €.

5º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial