Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (144/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mario Mougán Valdés contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Eulen Seguridad, S.A., Falcón Mantenimiento y Control, S.A., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 144 /2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., e a Falcón Mantenimiento y Control, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 5.5.2015 ás 9.30 horas, en planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., e a Falcón Mantenimiento y Control, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2015

A secretaria xudicial