Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (882/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 882/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Montemuíño Vila contra Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou sentenza número 95, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e do seu partido, este autos de xuízo 882/2014, seguidos por instancia de Juan José Montemuíño Vila, representado polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso, no cal o administrador concursal é Diego Comendador Alonso) e contra Fogasa, que non compareceron ao xuízo oral, sobre despedimento obxectivo individual.

(…)

Resolvo:

1º. Que debo estimar e estimo a demanda interposta por instancia de Juan José Montemuíño Vila, representado polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Pescados Juan Fernández, S.L. (en situación de concurso, no cal o administrador concursal é Diego Comendador Alonso) e contra Fogasa, que non compareceron ao xuízo oral, sobre despedimento obxectivo individual. En consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 58,76 €/día) ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número dous desta resolución.

Esta opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización, segundo o disposto no punto anterior, sería de 24.811,41 €.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, e para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial