Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (980/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 980/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Sampedro Fernández contra Limpiezas Secope, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e seis de marzo de dous mil quince.

O letrado habilitado da Avogacía do Estado Alejandro Crespí Rodríguez, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, presentou o 25.3.2015 escrito de formalización do recurso de suplicación.

Acordo:

– Ter por formalizado o recurso.

– Dar traslado deste á partes impugnadas para a súa impugnación por un prazo común de cinco días, se así lle convén.

– A impugnación deberá levar a sinatura de letrado ou graduado social colexiado para a súa admisión a trámite, quen deberá designar un domicilio na localidade en que radica a sede do TSX (artigo 198 LXS).

– Conforme o artigo 197.2 LXS, de formularse no escrito de impugnación alegacións sobre motivos de inadmisibilidade do recurso, así como eventuais rectificacións de feito ou causas de oposición subsidiarias aínda que non fosen estimadas na sentenza, e unha vez dado traslado delas ao resto das partes, poderán presentar estas directamente as súas alegacións ao respecto, xunto coas correspondentes copias para o seu traslado ás demais partes, dentro dos dous días seguintes a recibir o traslado o escrito de impugnación.

– Transcorrido o prazo, despois de impugnar o recurso ou non, elevaranse os autos á Sala do Social do TSX.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial