Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (873/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 873/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Angélica Lago Arias contra Línea Futurex Avance, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Línea Futurex Avance, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 199/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 873/2014.

Demandante: María Angélica Lago Arias.

Letrado: Sr. Raña Vales.

Demandado:

– Línea Futurex Avance, S.L.

Letrado:

– Administración concursal Línea Futurex Avance, S.L.

Fogasa.

Sentenza 199/2015.

A Coruña, 26 de marzo de 2014.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Angélica Lago Arias fronte á empresa Línea Futurex Avance, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extincion da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta decisión.

2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 2.910,16 euros.

3º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Línea Futurex Avance, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial