Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (966/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 966/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Sande Rumbo contra Carrocerías del Atlántico, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a mercantil Carrocerías del Atlántico, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que aboe ao traballador a cantidade de 2.882,79 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % en concepto de xuro por mora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carrocerías del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2015

A secretaria xudicial