Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 15049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (871/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 871/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Escudero Carvantes contra Alfa Instant, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 125/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Resolución 871/2014, acumulado despedimento 125/2015.

Demandante: Luis Miguel Escudero Cervantes.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandado:

Alfa Instant, S.A.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza nº 125/2015.

A Coruña, 24 de marzo de 2015.

Resolución:

a) Estimo as accións sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e despedimento formuladas por Luis Miguel Escudero Cervantes fronte a Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, condenando a sociedade a lle aboar a cantidade de 28.293,28 euros en concepto de indemnización.

2º. Condeno a empresa demandada a lle aboar ao traballador a suma de 16.361,22 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.

3º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante efectuado o 13.10.2014, condenando a empresa demandada a lle satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 72,64 euros diarios.

b) O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de marzo de 2015.

A secretaria xudicial