Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15726

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (43/2014).

Procedemento ordinario 43/2014

Sobre execución de obras, danos e perdas

Demandante: Comunidad de Propietarios Avenida Buenos Aires, 6-8

Procuradora: Ana Verónica Sexto Quintas

Avogado: José María Padín Viaño

Demandada: Promorsan, S.L.

Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Avenida Buenos Aires, 6-8 fronte a Promorsan, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Xuíz que a dita: Barba Alvedro.

Lugar: Betanzos.

Data: vinte de xaneiro de dous mil quince.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro en xuízo oral e público, os autos do xuízo ordinario nº 43/2014, dito sentenza sobre a base dos seguintes...

Resolución:

Estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Ana Verónica Sexto Quintas, en nome e representación da Comunidad de Propietarios Avenida de Buenos Aires, 6-8, Teixeiro, Curtis, e asistida polo letrado José María Padín Viaño, contra a compañía Promorsán, S.L., en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a compañía Promorsán, S.L., a executar cantas obras e reformas sexan necesarias para emendar as deficiencias existentes no edificio litixioso, que se describen na presente demanda que afecta tanto elementos comúns privativos ata deixalos en perfecto estado de uso e habitabilidade executándose por si mesma ou á súa custa e todo iso de conformidade co informe pericial emitido polo perito Manuel Porta Rodríguez.

Condénase ao aboamento das custas procesuais a parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e que admite recurso de apelación que deberá interpoñerse por escrito no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este xulgado.

E encontrándose a devandita demandada, Promorsan, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Betanzos, 5 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial