Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15724

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (602/2013-A).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no procedemento de divorcio número 602/2013 se ditou resolución do teor literal seguinte:

«Vigo, once de abril de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 602/2013 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Tamara Blanco Bernárdez, representada pola procuradora dos tribunais Raquel Barreiro Viñas e con asistencia letrada de María Isabel Punzón Lorenzo, contra Pablo Roberto Sánchez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Barreiro Viñas, en nome e representación de Tamara Blanco Bernárdez, contra Pablo Roberto Sánchez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, cos efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamientos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á Sra. Blanco Bernárdez, e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Sánchez poderá relacionarse coa súa filla cando ambos os proxenitores así o decidan de mutuo acordo en interese da súa filla e, en defecto de acordo, nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. O Sr. Sánchez satisfará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 250 euros mensuais, que se ingresarán na conta corrente que para o efecto designe a nai e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo.

Doutra banda, ambos os proxenitores satisfarán por metade dos gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social así como os demais gastos extraordinarios que xeren os fillos, entre os cales non se inclúen matrícula, comedor e transporte escolar, libros de testo e material escolar, uniformes nin actividades extraescolares.

Non se fai expresa imposición de custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E para que conste e sirva de notificación a Pablo Roberto Sánchez, expido e asino o presente.

Vigo, 6 de abril de 2015

A secretaria xudicial