Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15729

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (216/2010).

Xuízo verbal 216/2010

Procedemento de orixe: monitorio 216/2010

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Nea F3 Ibérica, S.L.

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca

Demandada: Marta Arenas Pozo

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza: 25/2015.

Tui, 27 de febreiro de 2015

Vistos por Estefanía Elena Peña Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, os presentes autos de xuízo verbal 216/2010, seguidos por instancia de Nea F3 Ibérica, S.L., representada polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca e asistida pola letrada María Jesús Rivas Pintos, contra Marta Arenas Pozo, que non compareceu a pesar de estar citada en legal forma polo que foi declarada en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, nos que son de aplicación os seguintes

Antecedentes de dereito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando integramente a demandada formulada por Nea F3 Ibérica, S.L. representada polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca, contra Marta Arenas Pozo, en situación de rebeldía procesual, debo:

1. Condenar a Marta Arenas Pozo a satisfacer a Nea F3 Ibérica, S.L. a cantidade de 3.471,56 euros, máis os xuros legais do artigo 576 LAC desde a data da presente resolución.

2. Condenar a Marta Arenas Pozo a satisfacer as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá no prazo de vinte días na forma prevista no artigo 458 da Lei de axuizamento civil, sendo preceptiva para a súa admisión a constitución de depósito na forma legalmente prevista.

Así, por esta sentenza, acórdao, mándao e asínao Estefanía Elena Peña Quintas. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marta Arenas Pozo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Tui, 2 de marzo de 2015

O/a secretario/a xudicial