Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo para a realización de experimentación in vivo de estudos de eficacia de dano muscular e atrofia do péptido obestatina como axente inxectable, dentro do proxecto Innova saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-15-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de experimentación in vivo de estudos de eficacia de dano muscular e atrofia do péptido obestatina como axente inxectable, dentro do proxecto Innova saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar as 8 semanas desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Melloras: outros modelos de experimentación in vivo e rango de doses

Proposta metodolóxica

Plan de xestión documental

Plan de xestión do proxecto

0 - 30

0 - 10

0 - 5

0 - 5

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

Prazo de execución do contrato

0 - 40

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 60.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 60.000 euros. Importe total: 72.600 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos