Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Academia Fama (número de censo 15C00157 e dous máis), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Academia Fama a Resolución do 27 de febreiro de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar por baixa de todas as especialidades formativas.

Academia Fama

Rúa Laverde Ruiz, 4

15702 Santiago de Compostela

A Coruña

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Academia Fama no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Antecedentes:

Primeiro. A entidade Academia Fama, NIF 32334411E, encóntrase inscrita/acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, cos números de censo e nas especialidades formativas seguintes:

Número de censo 15C00157, con enderezo na rúa Laverde Ruiz, 4, 15702 Santiago de Compostela.

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

BE0002

Perruqueiro/a

1.1.1995

31.12.2001

BE0111

Perruqueiro/a de señoras

1.1.1995

31.12.2001

BE0112

Perruqueiro/a de cabaleiros

1.1.1995

31.12.2001

BE0113

Manicura mans pés

1.1.1995

31.12.2001

BE0153

Estilista perruquería señora

1.1.1995

31.12.2001

BE0211

Esteticista facial

1.1.1995

31.12.2001

BE0213

Maquillador/a

1.1.1995

31.12.2001

Número de censo 15C00158, con enderezo na avenida General Sanjurjo, núm. 39, 1, 15006 A Coruña.

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

BE0112

Perruqueiro/a de cabaleiros

1.1.1995

31.12.2001

BE0153

Estilista perruquería señora

1.1.1995

31.12.2001

Número de censo 15C00159, con enderezo na avenida General Sanjurjo, núm. 39, 1, 15006 A Coruña.

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

BE0113

Manicura mans pés

1.1.1995

31.12.2001

BE0211

Esteticista facial

24.5.1994

31.12.2001

BE0213

Maquillador/a

1.1.1995

31.12.2001

Segundo. As anteditas especialidades formativa causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como “baixa homologación”.

Terceiro. Mediante escritos do 24 de setembro de 2014, que foron recibidos polo interesado o 29 de setembro de 2014 e o 8 de outubro de 2014, segundo consta no xustificante de recepción, por parte da Dirección Xeral de Emprego e Formación deuse trámite de audiencia a Academia Fama, para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considerase oportunos.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Academia Fama as presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011 dispón que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación dos centros ou entidades, cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lles fosen concedidas.

Revisado o expediente, compróbase que todas as especialidades formativas en que estaba acreditada e/ou inscrita a entidade Academia Fama, cos números de censo 15C00157, 15C00158 e 15C00159, causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas.

Terceiro. O artigo 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que se poderá dispoñer a acumulación de procedementos que garden identidade substancial ou íntima conexión, como sucede no presente caso.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto; o Decreto106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Dar de baixa a entidade Academia Fama, NIF 32334411E, números de censo 15C00157, 15C00158 e 15C00159, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación