Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (816/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 816/2012 por instancia de Fidel Ramos Pérez e Víctor Batista González contra Aislamientos Pemos, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 22 de abril de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estimo integramente a demanda formulada por Fidel Ramos Pérez e Víctor Batista González contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Aislamientos Pemos, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

A Fidel Ramos Pérez, a cantidade de mil trescentos sesenta e nove euros con corenta e catro céntimos (1.369,44 euros), devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

A Víctor Batista González, a cantidade de tres mil novecentos trinta e sete euros con vinte e tres céntimos (3.937,23 euros), devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Aislamientos Pemos, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial