Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21389

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (767/2010).

Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de María de los Ángeles Sánchez Cabo fronte á comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, Cervo, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 164/2013

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez

Lugar: Viveiro

Data: 27 de novembro de 2013

Demandante: María Ángeles Sánchez Cabo

Procurador: Constantino Prieto Vázquez

Avogado: César Ares García

Demandado: comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, de Cervo

Tipo de procedemento: xuízo verbal nº 767/2010

Resolución.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de María Ángeles Sánchez Cabo e, por conseguinte, debo condenar e condeno a comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, de Cervo, a pagar a María Ángeles Sánchez Cabo a suma de 2.293,82 euros. Esta cantidade devindicará, por conta da comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, de Cervo, o xuro legal do diñeiro desde a reclamación xudicial, é dicir, desde o día 26 de novembro de 2010 ata a data desta resolución e, desde esta, os xuros legais do artigo 576 da LAC.

Impóñenselle as custas procesuais á comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, de Cervo.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza é firme.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, comunidade de propietarios da Urbanización Río Cobo, bloque 2, declarado en rebeldía, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 27 de marzo de 2015

A secretaria xudicial