Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21806

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3512/2013-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3512/2013

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 996/2012 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social, Ángel Vázquez Vázquez

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Betogal Hormigones, S.L., Mutual Midat Cyclops e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 3512/2013-S-A desta sección, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, Ángel Vázquez Vázquez, sendo recorridos a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Betogal Hormigones, S.L., Mutual Midat Cyclops, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos.

Que estimando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada do Instituto Nacional da Seguridade Social e do traballador codemandado Ángel Vázquez Vázquez contra a Sentenza do Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, de data 13 de maio de 2013, ditada en autos número 996/2012, seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre declaración de grao de invalidez, debemos revogar e revogamos a dita resolución, e con desestimación da demanda inicial formulada pola Mutua Gallega fronte aos demandados o citado traballador recorrente Ángel Vázquez Vázquez, así como fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua MC Mutual, e fronte á empresa Betogal Hormigones, S.L., validamos a resolución administrativa que declarara o traballador Sr. Vázquez Vázquez afecto de incapacidade permanente total, e mantense a responsabilidade compartida entre as dúas mutuas litigantes nos termos establecidos pola entidade xestora.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Betogal Hormigones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial