María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1354/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Mundiña Muíños contra Beatriz López Nieto sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Mónica Mundiña Muíños contra a empresaria individual Beatriz López Nieto e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Beatriz López Nieto a que aboe á demandante a cantidade de 600 € brutos, polos salarios devindicados entre o 27 de agosto e o 14 de setembro de 2013, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.
Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Beatriz López Nieto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 18 de maio de 2015
A secretaria xudicial