Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 86/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Trasbach y Valle Obra, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución expresa:
«Que estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Trasbach y Valle Obra, S.L., debo condenar e condeno a demandanda a que lle aboe á demandante a cantidade de 369,85 €.
Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso (artigo 191.2 da LRXS).
A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Trasbach y Valle Obra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015
A secretaria xudicial