Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (21/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre seguridade social, se ditou a resolución en cuxa parte dispositiva se acorda:

a) Declarar o executado Esabe Vigilancia, S.A. en situación de insolvencia por importe de 429,62 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial