Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 97/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 97/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Carracelas Acuña contra Elaborados Santamar, S.L. e Frimarsan, S.L., sobre despedimento, se ditaron dúas resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 84/2015 ditada en data 10 de marzo de 2015 no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral seguido ante este xulgado co número de autos 667/2014 a favor da parte executante, María José Carracelas Acuña, fronte a Elaborados Santamar, S.L. e Frimarsan, S.L., partes executadas con carácter solidario, por importe de 28.060,46 euros de principal (corresponden 20.917,47 euros á indemnización, 6.493,63 euros aos salarios de tramitación e 649,36 euros aos xuros do 10 % de mora procesual) e de 2.806,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Despois de seren declaradas as executadas Elaborados Santamar, S.L. en situación de insolvencia en data 24 de abril de 2015 e Frimarsan, S.L. en data 18 de marzo de 2015 nos autos número 22/2015, tal e como queda acreditado co testemuño da dita resolución que se achega ao presente, quedando pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 28.060,46 euros de principal, de conformidade ao artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a María José Carracelas Acuñas e ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días insten o que ao seu dereito conveña para continuación da executoria e designar en tal caso bens concretos do debedor sobre os cales despachar execución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Frimarsan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de maio de 2015

A secretaria xudicial