Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (241/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 241/2013 por instancia de José Ángel Manteiga López contra a empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L., o administrador concursal da empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu Sentenza con data do 14 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Francisco Javier Iglesias Pallas contra a empresa Esabe Direct, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Esabe Direct, S.A. a lle aboar ao demandante a cantidade de mil catrocentos sesenta e un euros con corenta e sete céntimos de euro (1.461,47 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial