Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (7/2013).

Encarnación Mercedes Tubio Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 7/2013 por instancia de Francisco Javier Iglesias Pallas contra Esabe Direct, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 14 de maio de 2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Francisco Javier Iglesias Pallas fronte á empresa Esabe Direct, S.A., con intervención del Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Esabe Direct, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de mil catrocentos sesenta e un euros con corenta e sete céntimos de euro (1.461,47 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Direct, S.A. expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial