Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1419/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1419/2012 por instancia de Rubén Souto Martínez contra a empresa Cristalería A Balsa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu Sentenza con data do 14 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Rubén Souto Martínez contra Cristalería A Balsa, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa Cristalería A Balsa, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de tres mil corenta e seis euros con corenta e oito céntimos de euro (3.046,48 euros), cantidade que devindicará o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 curos na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cristalería A Balsa, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial