Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (856/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 856/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Iglesias Rodríguez contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimo as demandas interpostas por instancia de Miguel Iglesias Rodríguez, asistido da letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Iniciativas Audiovisuales, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida na data da presente a resolución da relación laboral existente entre a demandante e a entidade demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado pola demandada e debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 10.714,19 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro, e 114,04 euros de diferenzas de prestacións de IT, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, e a suma de 33.339,11 en concepto de indemnización, así como os salarios de trámite que se devindicaron desde a data do despedimento (16.1.2015) á data da presente resolución (24.4.2015), a razón de 51,45 euros/día, o que ascende á cantidade de 5.093,55 euros.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E con data 30 de abril de 2015 ditouse auto de aclaración de sentenza cuxo fundamento xurídico segundo e parte dispositiva expresa:

«Segundo. En aplicación do anterior interesa a parte demandante aclaración por erro material de trascrición no nome da entidade demandada.

Ao existir o dito erro á vista das partes intervinientes, procede a aclaración solicitada de xeito que na decisión da sentenza, onde di:

“Que estimo as demandas interpostas por instancia de Miguel Iglesias Rodríguez, asistido da letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Iniciativas Audiovisuales, S.L. e...“

Debe dicir:

“Que estimo as demandas interpostas por instancia de Miguel Iglesias Rodríguez, asistido da letrada Sra. Verde Crespo, contra a entidade Estruturas Metálicas Galegas, S.L. e... “

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación.

Parte dispositiva.

Procede a aclaración da sentenza nos termos indicados.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial