Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 139/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Casais García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por Martín Casais García contra Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que proceda a facer efectivo o incremento salarial do 1 % de todas as retribucións salariais do demandante correspondentes ao ano 2011, e a lle aboar ao demandante a suma de 157,83 euros polos conceptos indicados e desagregados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

No que respecta á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial