Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25022

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4051/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4051/2013

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 156/2013 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Nicola Yordanov Ilchev

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Constructora Eshor S.L., Camilo Ares, S.L., Mutua Fremap

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), (…), María Ángeles Gómez Lage

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4051/2013 desta sección, seguido por instancia de Nicola Yordanov Ilchev contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Constructora Eshor S.L., Camilo Ares, S.L., Mutua Fremap, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Manuel Casal Fraga, en nome e representación de Nikola Yordanov Ilchev, contra a sentenza de data 14 de maio de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no procedemento 156/2013, seguido pola súa instancia, sobre revisión de invalidez, contra o INSS e a TXSS, Camilo Ares, S.L., Eshor, S.L. e a Mutua Fremap, e confirmamos a expresada resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Camilo Ares, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Sartego, 18, Neda (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial