Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza dos autos (989/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 989/2012 por instancia de Abel Romero Pestonit contra a empresa Instalaciones Fontava, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 8.6.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución.

Acéptase a demanda formulada por Abel Romero Pestonit fronte á empresa Instalaciones Fontava, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

-Condénase a empresa Instalaciones Fontava, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de sete mil cincocentos corenta e sete euros con sesenta e catro céntimos de euro (7.547,64 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Instalacións Fontava, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial