Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 29906

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 6 de xullo de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de acción de saúde pública no campo do VIH/sida en Galicia, realizados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana) e a sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) continúan a ser un dos principais problemas de saúde pública a nivel mundial e tamén, aínda que en menor medida, nos países desenvolvidos. En Galicia, a pesar das melloras experimentadas nos últimos anos, cómpre continuar co impulso das accións de saúde pública encamiñadas a enfrontar este importante problema de saúde.

Dentro do marco das actividades anti VIH/sida no campo da saúde pública atópase o apoio a proxectos, de entidades privadas sen ánimo de lucro, que participan e colaboran desde os seus respectivos ámbitos coa Consellería de Sanidade no esforzo global anti VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas entidades no campo de VIH/sida.

Para tal fin, e con suxeición ao previsto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei, e na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e de acordo coas facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, nos seus artigos 34 e 38,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de accións de saúde pública relacionados coa infección polo VIH e a sida, que se realicen por entidades privadas sen ánimo de lucro ao longo do período comprendido entre o 1 de xuño de 2015 e o 31 de maio de 2017.

Os proxectos subvencionados deben desenvolver as súas actividades un mínimo de 3 meses no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2015, ademais dun mínimo de 6 meses entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016 xunto cun mínimo de 3 meses entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2017.

Como máximo subvencionaranse os dez proxectos que resulten máis valorados, en función dos criterios de valoración establecidos no artigo 13 desta orde.

Artigo 2. Orzamento

1. Para o financiamento destas axudas está previsto un crédito de douscentos noventa mil euros (290.000,00 €), dos cales setenta e catro mil setecentos dezasete euros (74.717,00 €) financiaranse con cargo á partida orzamentaria 1002.413A.481.1 (código do proxecto: 201500449) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2015, cento corenta e cinco mil euros (145.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria que corresponda dos ditos orzamentos para o ano 2016 e setenta mil douscentos oitenta e tres euros (70.283,00 €) con cargo a partida orzamentaria que corresponda dos ditos orzamentos para o ano 2017.

A efectividade da asignación aos proxectos seleccionados dos importes das subvencións para os anos 2016 e 2017, queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para eses anos.

2. O crédito previsto no punto anterior deste artigo poderá ser ampliado nos supostos e condicións previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En todo caso, o incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia da concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no citado artigo ou da dispoñibilidade de fondos procedentes do Estado. Cando proceda, será necesario aprobar a oportuna modificación orzamentaria.

Nestes supostos, o órgano concedente das subvencións deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo computo de prazo para resolver.

En todo caso, a concesión das subvencións reguladas nesta orde limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias existentes no momento de resolución desta convocatoria de subvencións.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto e que cumpran co obxecto e normas desta orde, sempre e cando non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que imposibilitan obter a condición de beneficiaria ou entidade colaboradora das subvencións.

Artigo 4. Requisitos

1. O proxecto que se presentará coa solicitude de subvención deberá realizarase integramente na Comunidade Autónoma de Galicia e deberá ter como área xeográfica de actuación polo menos unha das seguintes áreas sanitarias: Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, O Salnés, Pontevedra, Vigo, Cervo, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense e O Barco de Valdeorras.

2. A entidade beneficiaria, para desenvolver o proxecto, deberá dispor en Galicia como mínimo:

a) Dun local con capacidade para levar a cabo o proxecto.

b) Dunha persoa contratada para desenvolver o proxecto.

3. O proxecto recollerá obrigatoriamente a promoción do uso de preservativos e a súa distribución.

4. Para o cumprimento dos obxectivos do proxecto que se presente, poderase empregar material divulgativo editado e previamente validado pola Consellería de Sanidade e/ou polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Calquera outro material divulgativo que se pretenda usar e/ou distribuír deberá presentarse previamente no Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, para que neste servizo se valore a súa idoneidade e se proceda á validación e autorización previa do seu uso e/ou distribución.

Artigo 5. Contidos do proxecto

Poderán subvencionarse os proxectos que, como mínimo, teñan por obxecto algunha das seguintes actividades:

1. Facilitar e fomentar o uso do preservativo nos colectivos máis vulnerables.

2. Promover a realización da proba do VIH ás persoas con prácticas de risco.

3. Campañas efectivas de concienciación respectuosas e inclusivas de todas as ITS dirixidas á mocidade LGBTI.

4. Campañas de visibilización e información do tratamento de profilaxe postexposición, como segunda e última oportunidade para evitar a aparición do VIH.

5. Programas específicos de prevención do VIH para persoas que exercen a prostitución e os seus clientes.

6. Programas de prevención para persoas que viven co VIH e/ou en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida.

7. Programas de rúa ou achegamento que faciliten o acceso á información sobre o VIH/sida e aos servizos sanitarios, en poboacións máis vulnerables á infección polo VIH.

8. Actividades preventivas da transmisión do VIH por vía sexual, coa participación de pares.

9. Educación para a saúde con perspectiva de xénero, sobre hábitos sexuais saudables, infección polo VIH e a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

10. Programas de loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas polo VIH e a sida.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, en particular:

a) Gastos de persoal.

b) Axudas de custo por desprazamento (debidamente xustificadas en relación co proxecto).

c) Gastos de vehículos, cuxa titularidade corresponda á entidade privada que reciba a subvención, empregados para desenvolver o proxecto: imposto de circulación, seguro, mantemento, reparacións, consumo de combustible, garaxe e aparcamento. As facturas incluirán a matrícula do vehículo.

d) Gastos de material preventivo, divulgativo e de visualización social do proxecto.

e) Gastos vinculados ao local: alugamento, electricidade, gas, auga, lixo, comunidade, limpeza, seguros, imposto sobre bens inmobles. Quedan excluídos os gastos de investimento inmobiliario.

f) Telefonía e tecnoloxías da información e comunicación (TIC), correos e mensaxaría.

g) Gastos de xestoría e gastos financeiros derivados do proxecto.

2. Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación, debendo acreditarse os pagamentos a través de xustificantes de pagamento. En todo caso, a forma de xustificación deberá atender ao previsto no artigo 28, números 1, 2, 3 e 4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 7. Solicitude e documentación que se debe achegar

1. As entidades solicitantes deberán achegar a solicitude de subvención debidamente cuberta, axustada ao formulario que se establece no anexo I desta orde e asinada por quen teña a súa representación legal.

A presentación da solicitude supón, ademais, unha declaración responsable sobre a veracidade dos documentos e datos que nela se recollen.

2. Xunto coa solicitude de subvención, deberanse achegar os seguintes documentos:

a) Copia do NIF da entidade sen ánimo de lucro solicitante da subvención para o caso de que, na solicitude de subvención, non se autorice expresamente a Consellería de Sanidade para consultar os seus datos.

b) Copia do DNI da persoa representante da entidade solicitante para o caso de que, na solicitude de subvención, non se autorice expresamente a Consellería de Sanidade para consultar os seus datos de identidade, no Sistema de verificación de datos de identidade.

c) Certificacións, da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, de que a entidade beneficiaria non ten débedas coas administracións públicas, para o caso en que a entidade beneficiaria non autorice expresamente, na solicitude de subvención, a Consellería de Sanidade para conseguir esa documentación.

d) Memoria explicativa do proxecto que se estea realizando ou se pretenda realizar cunha extensión máxima de 15 páxinas, debidamente asinada pola persoa que exerce a representación legal da entidade solicitante.

A memoria deberá incluír a seguinte información:

1) Datos de identificación:

– Nome da entidade, título do proxecto, cronograma e lugar de realización.

– Datos de filiación do/a responsable ou coordinador/a do proxecto: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.

– Datos das persoas contratadas para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesionais, función e tempo dedicado.

– Datos das persoas voluntarias para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesionais, función e tempo dedicado.

2) Deseño:

– Xustificación.

– Obxectivos.

– Material e método.

– Criterios de avaliación.

3) Descrición de actividades:

Na memoria describiranse as actividades propostas en relación cos criterios de valoración, que figuran no artigo 13 desta orde, que cumpre o proxecto.

Así mesmo, na memoria tamén se especificará cal é o material divulgativo que se vai usar e/ou distribuír durante a execución do proxecto. No caso de que se trate de material distinto ao editado pola Consellería de Sanidade e ao editado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, deberán achegar os exemplares e/ou mostras deste material nos formatos en que se empregaría e/ou distribuiría.

4) Orzamento total previsto para o desenvolvemento do proxecto durante o período 2015/2017. O orzamento presentarase debidamente detallado e desagregado nos seguintes conceptos:

– Gastos de persoal.

– Gastos de local.

– Gastos de material preventivo e divulgativo.

– Gastos de desprazamento.

– Recursos propios.

– Outras subvencións obtidas e/ou solicitadas para o financiamento do proxecto que se presenta.

5) Importe solicitado de subvención.

6) Data e sinatura do/da representante legal da entidade.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro.

Artigo 8. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño,de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 9. Lugar de presentación da solicitude

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Artigo 10. Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Emenda da solicitude

As unidades administrativas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, responsables da tramitación dos procedementos de concesión destas subvencións, comprobarán que as solicitudes reúnen todos os requisitos exixidos.

Se unha solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, requirirase a entidade solicitante para que, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos nun prazo máximo e improrrogable de 10 días con indicación de que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

Artigo 12. Instrución e comisión de valoración

1. Instrución:

A unidade administrativa competente para a instrución do procedemento de concesión será a Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, que realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para conseguir a documentación obrigatoria completa e correcta ao longo da instrución.

2. Comisión de valoración:

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, polo que, unha vez instruídos os expedientes, se constituirá como órgano colexiado unha comisión de valoración que avaliará os proxectos presentados polas entidades solicitantes, segundo os criterios de valoración das solicitudes establecidos no artigo 13 desta orde.

A dita comisión levantará acta de todas e cada unha das sesións en que se constitúa para a valoración das solicitudes e dos proxectos presentados.

A comisión de valoración poderá requirir ás entidades solicitantes información ou documentación adicional, que non estea en poder da Administración e que teña relevancia e relación directa coa avaliación das solicitudes.

Finalmente, a comisión de valoración elaborará un informe no que, de xeito motivado, se dará conta das solicitudes presentadas, das excluídas e da puntuación acadada polos proxectos admitidos.

Á vista do dito informe, a comisión de valoración formulará a correspondente proposta de resolución de concesión, así como a proposta de denegación do resto das solicitudes presentadas e admitidas, pero que non acadaron a puntuación suficiente.

Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan o/a presidente/a, ou persoa en que delegue, a persoa que exerza de secretario/a e polo menos a metade dos seus membros. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algún dos membros que a compoñen non pode asistir, delegarase na persoa que, para o efecto, designe o/a titular.

Na composición dos membros da comisión de valoración, procurarase acadar unha composición equilibrada entre homes e mulleres.

A comisión de avaliación rexerase polo establecido no título II, capítulo II, artigos 22 ao 27 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, relativo aos órganos colexiados.

A comisión avaliadora estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) A persoa titular da Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía.

c) A persoa titular da xefatura do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

d) Unha persoa técnica do devandito servizo, que actuará como secretario/a.

3. Resolución:

A persoa titular da Consellería de Sanidade, á vista da proposta formulada pola comisión de valoración, ditará as oportunas resolucións de concesión ou denegación das subvencións.

Artigo 13. Criterios de valoración

Para efectos de valorar as solicitudes e os proxectos presentados, a comisión de valoración axustarase aos seguintes criterios:

1. Tamaño poboacional das áreas sanitarias nas cales se realiza o proxecto:

Grupo 1 (>250.000 habitantes): A Coruña, Santiago, Vigo, Ourense: 8 puntos.

Grupo 2 (100.000-250.000 habitantes): Ferrol, Lugo, Pontevedra: 5 puntos.

Grupo 3 (<100.000 habitantes): Cervo, O Salnés, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras: 2 puntos.

Para puntuar cada área o proxecto disporá de local e persoa contratada para traballar en cada unha desas áreas. Puntuaranse un máximo de dúas áreas sanitarias.

2. Dispor de local social por parte da entidade beneficiaria: puntuarase un máximo de dous locais, valorados do seguinte modo cada un:

– En propiedade: 6 puntos.

– En arrendamento: 5 puntos.

– En cesión dunha Administración pública: 3 puntos.

– En cesión dunha persoa ou institución privada: 1 punto.

3. Dispor de persoal contratado pola entidade beneficiaria para realizar o proxecto: ata un máximo de 200 puntos. Por cada traballador/a contratado/a: 100 puntos.

4. Número de persoas voluntarias participantes no proxecto: ata un máximo de 16 puntos. Por cada persoa voluntaria participante: 2 puntos.

5. Tipo de colectivo diana a que vai dirixido. Valorarase só o colectivo principal e de existir máis de un, valorarase só o definido como principal no proxecto. Nesta parte, só se puntuarán os proxectos que teñen claramente definido un colectivo principal e que inclúan nas súas actividades a prevención da transmisión sexual do VIH coa distribución regular e continuada de preservativos, realización de probas diagnósticas, tramitación de citas ou acompañamentos a institucións sanitarias.

A valoración dos colectivos será a seguinte:

HSH: 100 puntos.

Persoas que vivan co VIH/sida e o seu contorno: 25 puntos.

Inmigrantes: 15 puntos.

Prostitución: 15 puntos.

Persoas internas en prisións: 10 puntos.

Mocidade non escolarizada ou pertencente a grupos con elevada vulnerabilidade social (residentes en centros tutelares de menores, minorías étnicas marxinadas, familias desestruturadas, etc.): 3 puntos.

Transeúntes, persoas sen fogar e minorías étnicas marxinadas: 2 puntos.

Mulleres: 2 puntos.

Persoas con máis de 54 anos: 2 puntos.

Outros colectivos: 0 puntos.

6. Duración das actividades do proxecto: 10 puntos por mes.

7. Realizar probas rápidas de VIH en fluído oral a persoas con prácticas de elevado risco para a infección polo VIH dentro do Proxecto de detección anónima do VIH en Galicia do Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS): 80 puntos.

8. Promover a realización da proba do VIH nas persoas con prácticas de risco para a infección polo VIH: 20 puntos.

9. Participación de educadoras/es de pares no desenvolvemento do proxecto: 30 puntos.

10. Realizar actividades de prevención en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida: 4 puntos.

11. Realizar actividades de prevención en persoas que vivan co VIH/sida e o seu contorno: 3 puntos.

12. Realizar actividades de loita contra a discriminación das persoas afectadas polo VIH/sida: 15 puntos.

13. Proxectos que continúan respecto do ano anterior: 80 puntos.

14. Rigor metodolóxico do proxecto: ata un máximo de 200 puntos.

14.1. A xustificación do proxecto: 0 a 30 puntos. Puntuación mínima exixida: 15 puntos. Valoraranse os recursos existentes nas áreas de actuación para atender estas persoas, necesidades demandadas no campo do VIH/sida e outras ITS, resultados de anos anteriores nas persoas atendidas polo proxecto, etc.

14.2. Definición e cuantificación de obxectivos: 0 a 20 puntos. Puntuación mínima exixida: 10 puntos. Valorarase a priorización dos obxectivos (xerais e específicos), a concreción, viabilidade, cuantificación, etc.

14.3. Material e método empregado con definición da poboación, dos contidos e do plan de traballo: 0 a 100 puntos. Puntuación mínima exixida: 50 puntos.

Valorarase a definición das características da poboación sobre a cal se vai traballar (área xeográfica, número de persoas, factores de risco fronte ao VIH e outras ITS, vulnerabilidade, etc.), a información que se difunde nas charlas e obradoiros, a planificación das actividades (lugar de realización, cronograma, local empregado, titulación e experiencia das persoas que desenvolven as actividades, etc.).

14.4. Criterios de avaliación do proxecto: 0 a 50 puntos. Puntuación mínima exixida: 25 puntos.

Valorarase a definición de indicadores, o estándar de referencia de cada indicador, a identificación cos obxectivos marcados e a fonte da información.

Deberá acadarse a puntuación mínima en todas e cada unha destas epígrafes.

Só se admitirán e valorarán os proxectos que acaden a puntuación mínima en todas as epígrafes deste número 14, independentemente da puntuación acadada noutras epígrafes deste artigo.

15. Valorarase a porcentaxe da partida orzamentaria de gastos de persoal, sobre o total do orzamento do proxecto:

– Igual ou máis do 80 %: 0 puntos.

– Entre o 60-79 %: 60 puntos.

– Entre o 40-59 %: 40 puntos.

– Entre o 20-39 %: 20 puntos.

– Igual ou menos do 19 %: 0 puntos.

16. Presentar unha certificación acreditativa de calidade da entidade solicitante: ata un máximo de 25 puntos.

ISO: 10 puntos.

FQM: 10 puntos.

Outras: 5 puntos.

17. Recoller a perspectiva de xénero: 20 puntos.

18. Segundo a incidencia de VIH da provincia en que se realiza o proxecto (media da incidencia de VIH do anos 2011/2013) segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública na páxina web do Servizo Galego de Saúde:

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=61154

– Igual ou superior a 55 casos por millón de habitantes (A Coruña, Pontevedra e Ourense): 50 puntos.

– Menor de 55 casos por millón de habitantes (Lugo): 20 puntos.

De traballar en máis dunha provincia, puntuarase a de maior puntuación.

19. Para resolver os posibles empates empregaranse os seguintes criterios:

1º. O que obteña maior valoración no punto 5.

2º. O que obteña maior valoración no punto 14.

3º. O que empregue o galego no desenvolvemento xeral do proxecto.

4º. O que presente a solicitude por vía electrónica.

5º. O que presente antes a solicitude destas axudas.

Artigo 14. Contías das subvencións

1. A contía solicitada pode ser como máximo o orzamento do proxecto.

2. O importe máximo subvencionable de cada proxecto é a contía solicitada para desenvolver o proxecto que non está subvencionada por ningunha outra entidade pública ou privada.

3. Determinación das contías das subvencións:

Os dez proxectos máis puntuados ordenaranse de maior a menor puntuación e o importe que se lle adxudicará a cada proxecto estará determinado por esta orde de puntuación.

3.1. Cálculo do importe das subvencións para o ano 2015:

Ao proxecto máis puntuado concederáselle o 14 % da partida orzamentaria dispoñible deste ano, ao segundo proxecto máis puntuado concederáselle o 12 %, ao terceiro o 11 %, ao cuarto o 10,5 %, ao quinto o 10 %, ao sexto o 9,5 %, ao sétimo o 9 %, ao oitavo o 8,5 %, ao noveno o 8 % e ao último proxecto concederáselle o 7,5 % do orzamento deste ano.

3.2. Cálculo do importe das subvencións para o ano 2016:

Ao proxecto máis puntuado concederáselle o 14 % da partida orzamentaria dispoñible deste ano, ao segundo proxecto máis puntuado concederáselle o 12 %, ao terceiro o 11 %, ao cuarto o 10,5 %, ao quinto o 10 %, ao sexto o 9,5 %, ao sétimo o 9 %, ao oitavo o 8,5 %, ao noveno o 8 % e ao último proxecto concederáselle o 7,5 % do orzamento deste ano.

3.3. Cálculo do importe das subvencións para o ano 2017:

Ao proxecto máis puntuado concederáselle o 14 % da partida orzamentaria dispoñible deste ano, ao segundo proxecto máis puntuado concederáselle o 12 %, ao terceiro o 11 %, ao cuarto o 10,5 %, ao quinto o 10 %, ao sexto o 9,5 %, ao sétimo o 9 %, ao oitavo o 8,5 %, ao noveno o 8 % e ao último proxecto concederáselle o 7,5 % do orzamento deste ano.

3.4. Comprobarase que non se conceden contías superiores ao importe máximo subvencionable de cada proxecto:

Sumaranse os importes concedidos para os anos 2015, 2016 e 2017 de cada proxecto e se o resultado desta suma é superior ao importe máximo subvencionable, concederase este último.

3.5. O posible resto orzamentario que poida xurdir adxudicarase ao proxecto máis puntuado. De non esgotarse o resto orzamentario con este proxecto, adxudicarase o importe restante ao seguinte proxecto máis puntuado, e así sucesivamente. A adxudicación do resto orzamentario terá sempre en conta que se cumpre o punto 2 deste artigo.

No caso de subvencionar menos de 10 proxectos, seguirase o mesmo proceso de adxudicación de importes definido neste artigo e os importes menores que queden sen adxudicar consideraranse resto orzamentario e, polo tanto, distribuirase entre os demais proxectos como tal.

3.6. O importe que se lle concederá a cada proxecto será o resultado de seguir os 5 puntos anteriores.

Artigo 15. Resolución

1. Establécese un prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte á data de remate de presentación de solicitudes, para a emisión da resolución de concesión das subvencións.

Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, as entidades solicitantes poderán entender desestimadas por silencio administrativo as súas solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2. Unha vez emitida a proposta de resolución, a persoa titular da Consellería de Sanidade ditará resolución de conformidade co previsto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A resolución, deberá conter, de maneira expresa, a relación de proxectos de entidades beneficiarias ás cales se lles concede a subvención e a desestimación do resto das solicitudes xunto coas contías destas axudas para o período 2015/2017.

3. Todo incumprimento ou alteración das condicións en que se basea a concesión da subvención e, se é o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados (nacionais ou internacionais), poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 16. Notificación e publicación

1. A resolución será motivada e deberá ser notificada ás entidades beneficiarias de forma individualizada, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para aceptala, presentando a correspondente declaración de aceptación ou renuncia da subvención concedida segundo os modelos dos anexos III e IV. Transcorrido o dito prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. A notificación de forma individualizada das subvencións concedidas farase sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 15 e 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

A publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia deberá conter a relación de entidades ás cales se lles conceden e ás cales se lles deneguen as subvencións solicitadas para os respectivos proxectos, con indicación da norma reguladora, a súa correspondente contía e as causas de denegación, se é o caso.

3. De conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no artigo 13.3 e 4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, a Consellería de Sanidade publicará na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

4. Segundo o establecido no artigo 14.1.ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ponse en coñecemento das entidades interesadas que existe o Rexistro Público de Subvencións, regulado no artigo 16 da mesma lei.

Artigo 17. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións comerciais e económicas con terceiros» cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, mediante envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Sanidade, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Artigo 18. Recursos

1. Contra a resolución do procedemento que pon fin á vía administrativa, as entidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ante a Consellería de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución á entidade ou, no caso de silencio, a partir do día seguinte ao remate do prazo fixado no artigo 15.1 para a resolución das solicitudes de subvencións.

2. Igualmente procederá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación se a resolución é expresa; se non o for, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel que se produza o acto presunto.

3. De se presentar recurso potestativo de reposición, non se poderá acudir á vía contencioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

4. Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 44 da referida Lei 29/1998, do 13 de xuño, poderase requirir previamente o órgano que ditou a resolución, para que derrogue a disposición, anule ou revogue o acto, no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se non é contestado no mes seguinte á súa recepción.

Artigo 19. Xustificación

Ao longo do período 2015/2017 deberán remitirse, como mínimo, dúas contas xustificativas. A primeira remitirase con data límite o 31 de outubro de 2016 e a segunda remitirase con data límite o 31 de maio de 2017. Ao marxe destas contas xustificativas, as entidades beneficiarias poderán presentar máis contas xustificativas a medida que se vaian producindo os gastos do proxecto. Unha vez comprobada a adecuada xustificación documental farase o pagamento da contía xustificada ata esgotar o importe concedido de cada ano.

De conformidade co previsto no número 3 do artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cada conta xustificativa abranguerá:

1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do proxecto, das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica do custo das actividades realizadas que conterá:

a) Unha relación clasificada dos gastos da actividade que inclúa a seguinte información: número de orde do documento na relación de gastos, nome da entidade beneficiaria que emite o documento de gasto, NIF da entidade beneficiaria que emite ese documento, concepto do gasto (se é unha nómina deberá indicar o nome, os dous apelidos e o DNI da persoa empregada, xunto co mes e o ano da nómina), número identificativo do documento, data de emisión do documento, data de pagamento dese gasto, importe total do documento e, se é o caso, importe imputado á subvención. Ao final desa relación debe incluírse o importe total dos gastos pagados desa conta xustificativa, a sinatura da persoa responsable da entidade beneficiaria, o lugar e a data da sinatura.

Independentemente da data de adxudicación da subvención, nas relacións de gastos aceptaranse os gastos pagados desde o 1 de xuño de 2015 ata a data da presentación da conta xustificativa. As facturas presentadas nunha relación de gastos non se incluirán en sucesivas relacións de gastos.

b) A presentación (orixinal ou copia cotexada) das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación a que se fai referencia na anterior alínea e a documentación acreditativa do pagamento.

Os recibos asinados terán validez para xustificar pagamentos ata un importe máximo de 1.000,00 € por proxecto.

3. Anexo II coa relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen o proxecto con indicación do importe e a súa procedencia. Este documento terá que estar asinado polo/a representante da entidade beneficiaria.

Artigo 20. Pagamento e xestión económica

Os pagamentos correspondentes a cada subvención concedida realizaranse de conformidade co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e farase efectiva para cada un dos exercicios orzamentarios do seguinte xeito:

a) Farase o pagamento anticipado do importe da subvención concedida para o ano 2015 tras a publicación da resolución de concesión destas axudas de acordo co punto 1.1 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Os importes restantes de 2016 e 2017 pagaranse unha vez completados correctamente os procesos de xustificación. Poderanse facer pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada que non poderá exceder, en ningún caso, a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

En todo caso, segundo o disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 60.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias terán acreditado con anterioridade ao pagamento que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición derrogatoria única.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño.

Artigo 21. Obrigas das entidades beneficiarias

Tendo en conta o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, son obrigas das entidades beneficiarias:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás entidades beneficiarias en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 22. Revogación e reintegro das axudas

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social e da Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro pola entidade beneficiaria ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 33.1.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 23. Infraccións e sancións

No relativo a esta materia, rexerá o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 24. Contraprestacións da Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade facilitará, para a realización dos proxectos, materiais divulgativos e preventivos de maneira gratuíta segundo as dispoñibilidades e protocolos da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Disposición adicional única. Modelos normalizados da sede electrónica da Xunta de Galicia

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Disposición derradeira primeira. Lexislación aplicable

Aos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro e, supletoriamente, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Disposición derradeira segunda. Órgano responsable

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública adoptará as medidas oportunas para o seguimento, avaliación, difusión e execución dos proxectos seleccionados, previstos nesta orde, así como para o seguimento, avaliación, e difusión dos proxectos seleccionados para o seu financiamento.

Disposición derradeira terceira. Instrucións de aplicación e desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para ditar as instrucións necesarias que permiten a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file