Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 29905

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 49/2015, do 26 de marzo, polo que se transforma o centro público integrado Vicente Otero Valcárcel en colexio de educación infantil e primaria e se crea un instituto de educación secundaria, ambos os dous no concello de Carral.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no DOG núm. 68, do 13 de abril, é necesario efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 14026, onde di: «Transfórmase o centro público integrado Vicente Otero Valcárcel do concello de Carral (código 15003005) en colexio de educación infantil e primaria, con efectos do...», debe dicir: «Transfórmase o centro público integrado Vicente Otero Valcárcel do concello de Carral (código 15003005) en colexio de educación infantil e primaria (código 15032959), con efectos do...»