Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30017

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por grupo de actuacións recollidos na Resolución do 15 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o presente exercicio para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feader-Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 15 de abril de 2015 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 78, do 27 de abril, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas para o ano 2015 para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, que contan con financiamento comunitario derivado do programa operativo Feader-Galicia 2007-2013.

A dotación total da convocatoria (1.333.333 euros) está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 321 do eixe 3 Mellora da calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural, do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (27.5.2013), en varias das tipoloxías de proxectos de enerxías renovables o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras tecnoloxías o volume de axuda solicitada superou amplamente a dispoñibilidade orzamentaria, considerando as listaxes de espera dos expedientes susceptibles de concesión de axuda para a execución dos proxectos solicitados.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria. En calquera caso, cómpre subliñar que non se trata de modificar tal contía máxima fixada na convocatoria, ao non darse ningún dos supostos previstos no artigo 30.2 do referido Decreto 11/2009.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables ata o esgotamento dos fondos destinados á presente convocatoria, no uso das competencias que me confire o artigo 15.1 das bases reguladoras,

DISPOÑO:

Primeiro. Redistribuír os créditos orzamentarios recollidos no artigo 3.1 Resolución do 15 de abril de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras, en función do volume de solicitudes por tipoloxía de proxectos e beneficiario, nos importes seguintes:

Grupo I: Xeotermia

Tipo beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación inicial

Movementos fondos

Dotación final

Administración pública autonómica

08.A2.733A.713.0

50.000,00

-50.000,00

0,00

Administración pública local

08.A2.733A.761.0

100.000,00

-78.006,25

21.993,75

Pemes, as súas agrupacións e asociacións

08.A2.733A.771.0

300.000,00

-223.789,32

76.210,68

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.0

550.000,00

175.000,00

725.000,00

Total

1.000.000,00

-176.795,57

823.204,43

Grupo II: Aerotermia

Tipo beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación inicial

Movemento fondos

Dotación final

Pemes, as súas agrupacións e asociacións

08.A2.733A.771.0

55.000,00

 

55.000,00

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.0

100.000,00

125.000,00

225.000,00

Total

155.000,00

125.000,00

280.000,00

Grupo III: Solar Térmica

Tipo beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación inicial

Movemento fondos

Dotación final

Pemes, as súas agrupacións e asociacións

08.A2.733A.771.0

45.000,00

-8.271,63

36.728,37

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.0

83.333,00

-17.495,09

65.837,91

Total

128.333,00

-25.766,72

102.566,28

Grupo IV: Aerotermia e Solar Térmica (Administración)

Tipo beneficiario

Aplicación orzamentaria

Dotación inicial

Movemento fondos

Dotación final

Administración pública autonómica

08.A2.733A.713.0

16.667,00

-16.667,00

0,00

Administración pública local

08.A2.733A.761.0

33.333,00

94.229,29

127.562,29

Total

50.000,00

77.562,29

127.562,29

Total

1.333.333,00

0,00

1.333.333,00

Segundo. Esta redistribución de créditos non supón alteración final da contía da convocatoria, que segue a ser de 1.333.333 €.

Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia