Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30151

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (521/2014).

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 521/2014-BB

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 775/2010. Xulgado do Social número 3 de Lugo

Recorrente: Francisco Fernández González

Avogada: María Teresa Souto Neira

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Ferlosa, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Universal Mugenat, José Benito López Ferreiro, Víctor Manuel Sánchez López, Fraternidad Muprespa, Concello de Quiroga

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), María del Pilar García-Puertas Taboada, Pablo Espinosa Medina, Tomás Paniagua Álvarez, Valentín Lago González

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 521/2014-BB desta sección, seguido por instancia de Francisco Fernández González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ferlosa, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Universal Mugenat, José Benito López Ferreiro, Víctor Manuel Sánchez López, Fraternidad Muprespa e Concello de Quiroga, sobre incapacidade permanente, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Francisco Fernández González contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número tres de Lugo, con data do 30 de setembro de 2013, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

Para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Medas del Castillo, s/n, en Quiroga, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza o de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial