Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35076

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de agosto de 2015 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 3 de xuño de 2015.

A disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.

Pola Orde do 3 de xuño de 2015, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño), autorizáronse proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos en colaboración con diversas entidades.

Desde o momento da publicación desta orde, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou outros convenios de colaboración en materia de formación profesional dual para o curso 2015/16 e seguintes.

Na súa virtude, co fin de pór en funcionamento este proxecto de formación profesional dual de carácter experimental, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación dun proxecto experimental de formación profesional dual de ciclos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, que amplía os proxectos autorizados pola Orde do 3 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño).

O Fondo Social Europeo cofinancia nun 80 % os gastos de funcionamento ocasionados coa posta en marcha destas ensinanzas no centro educativo e os gastos do profesorado pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria necesario para impartir estas ensinanzas.

2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécense no anexo III.

Artigo 2. Plan de formación e aprendizaxe

1. Os proxectos de formación profesional dual terán unha duración, como máximo, de tres anos e impartiranse de acordo coa distribución de módulos do anexo IV para cada ciclo formativo e curso escolar.

2. Estes proxectos incorporarán, entre outros aspectos, a programación para cada un dos módulos profesionais consonte o establecido no artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, que recollerá as actividades que cumpra realizar no centro educativo e na empresa, así como o calendario, a xornada e os horarios en que se realizará a actividade laboral na empresa e a correspondente actividade formativa.

3. A distribución da formación curricular, a distribución global do proxecto, a temporalización dos módulos profesionais, a adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia e a especificación das horas de formación que se realizarán no centro educativo e na empresa para cada módulo profesional están recollidas en cada un dos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente. Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no ano natural en que se inicien os estudos, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.

c) Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou polo sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación de solicitude

1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, segundo o modelo do anexo I, que se entregará en calquera dos centros que figuran no anexo II. Irán dirixidas á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude, non se terá en conta a súa petición.

2. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 14 de setembro de 2015.

Artigo 5. Documentación

Coa solicitude de admisión deberase achegar a seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

b) Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:

https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

Artigo 6. Procedemento de admisión e matrícula

1. O procedemento de admisión realizarase en dúas fases:

a) Na primeira fase, o centro educativo, logo de analizar a documentación presentada e de verificar os requisitos das persoas solicitantes, o 15 de setembro fará pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación do requisito de acceso ao ciclo formativo. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora.

Esta publicación realizarase tamén na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección do centro a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde tal publicación.

Logo de resolver as reclamacións presentadas o día 18 de setembro, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe coa relación definitiva de persoas solicitantes. Así mesmo, o centro educativo procederá, na mesma data, ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora, de maneira que as persoas que non figurasen na listaxe provisional e sexan incluídas na listaxe definitiva se incorporen ao proceso de selección por parte da entidade colaboradora ou a empresa.

b) Na segunda fase, a entidade colaboradora, a partir da listaxe facilitada polo centro educativo e no prazo do 18 ao 25 de setembro, seleccionará as persoas para participar no proxecto de formación profesional dual, que non poderán exceder o número máximo de alumnado a que se refire o punto 1 do artigo 7 desta orde.

Para tal fin, e en virtude do convenio subscrito coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a entidade colaboradora realizará as probas de coñecementos e capacitación profesional e as entrevistas psicoprofesionais para seleccionar as persoas candidatas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa.

Finalizado o período de selección, o centro educativo publicará no taboleiro de anuncios a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade, e a listaxe de persoas non seleccionadas. Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/fp

2. No prazo máximo de dous días hábiles desde a publicación das listaxes a que se refire o punto anterior, e antes das 13.00 horas do 30 de setembro, as persoas admitidas deberanse matricular na secretaría do centro correspondente.

3. Contra a relación definitiva de solicitantes a que se refire o punto 1, alínea a), e contra as listaxes de persoas admitidas a que se refire o punto 1, alínea b), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no prazo máximo dun mes, ante a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 7. Prazas ofertadas y número mínimo de solicitudes de matrícula

1. O número máximo de alumnos e alumnas con matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual será o establecido nos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente; en todo caso, será como máximo de trinta alumnos/as por proxecto.

Os convenios poderán ser consultados no enderezo:

http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual

2. A autorización da oferta do proxecto experimental de formación profesional dual quedará condicionada a que exista un número mínimo de doce persoas seleccionadas. Un número menor de persoas seleccionadas exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este proxecto experimental de formación profesional dual, e entanto que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Artigo 8. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Coas solicitudes das persoas interesadas deberase achegar os documentos ou as informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que fosen presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa ausencia, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 9. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Alumnado cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15704 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxfp@edu.xunta.es

Artigo 10. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Disposición adicional única. Ordenación académica e avaliación do alumnado

Este proxecto regularase polo recollido na Orde do 3 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño) en canto á titoría, ao desenvolvemento da formación, á avaliación, á continuidade no proxecto por parte do alumnado, ao módulo de formación en centros de traballo e aos módulos xa superados ou validados por parte do alumnado.

Todos os aspectos relativos á ordenación académica e á avaliación sobre formación profesional inicial non recollidos nesta orde ou na Orde do 3 de xuño de 2015 rexeranse polas normas que, con carácter xeral, regulan as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO II
Centros educativos onde se pode presentar a documentación

Concello

Código de

centro

Centro educativo

Enderezo

Teléfono

Correo

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

Avenida da Sardiñeira

981247316

ies.sardineira@edu.xunta.es

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Rúa San Pedro de Mezonzo, 4

981160196

cifp.paseodaspontes@edu.xunta.es

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

Rúa Armando Durán, 3

982220328

cifp.politecnico.lugo@edu.xunta.es

Ourense

32009131

IES Universidade Laboral

Rúa Universidade, 18

988226304

ies.universidade.laboral@edu.xunta.es

Pontevedra

36014489

CIFP A Xunqueira

Rúa Rafael Areses, s/n

986873003

cifp.xunqueira@edu.xunta.es

Valga

36020362

IES de Valga

Baño, s/n

986559745

ies.valga@edu.xunta.es

Santiago de Compostela

15016000

CIFP Compostela

Lamas de Abade, s/n

981523140

cifp.compostela@edu.xunta.es

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

Avenida de Madrid, s/n

986273800

cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es

36011634

IES Politécnico de Vigo

Rúa Torrecedeira, 88

986213025

ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es

ANEXO III
Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual

Concello

Código

de centro

Centro educativo

Código

de ciclo

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

A Coruña

15027897

CIFP Paseo das Pontes

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

Paradores de Turismos de España, S.A.

Pontevedra

36014489

CIFP A Xunqueira

MSSC01

Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra, Centro de Día Anduriña, S.L., Sisae, C.B., Sacendi, S.L., Rapesúa, S.L., Soremay Berguer, S.L.

Pontevedra

36020362

IES de Valga

SFM02

Construcións Metálicas

Extrusionados Galicia, S.A, Aluminios Padrón, S.A.U., Gama e Hijos, S.L., Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, S.L., Talleres ODL de Carpintería Metálica, S.L.

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

SQUI02

Química Industrial

Lonza Biologics Porriño, S.L.

36011634

IES Politécnico de Vigo

MIMA03

Mantemento Electromecánico

Benteler Automotive Vigo, S.L.

ANEXO IV
Plan de formación dos ciclos formativos autorizados para os proxectos
de formación profesional dual

1. Ciclo formativo de grao superior de Dirección de Servizos de Restauración.

Curso 2015/16.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0179

Inglés.

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas.

MP0501

Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias.

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría.

MP0510

Procesos de servizos en restaurante.

MP0514

Formación e orientación laboral.

Curso 2016/17.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0180

Segunda lingua estranxeira.

MP0502

Gastronomía e nutrición.

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración.

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración.

MP0511

Sommelier.

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración.

MP0515

Empresa e iniciativa emprendedora.

2. Ciclo formativo de grao medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Curso 2015/16.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0212

Características e necesidades das persoas en situación de dependencia.

MP0215

Apoio domiciliario.

MP0216

Atención sanitaria.

MP0217

Atención hixiénica.

Curso 2016/17.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0020

Primeiros auxilios.

MP0210

Organización da atención ás persoas en situación de dependencia.

MP0211

Destrezas sociais.

MP0213

Atención e apoio psicosocial.

MP0214

Apoio á comunicación.

Curso 2017/18.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0218

Formación e orientación laboral.

MP0219

Empresa e iniciativa emprendedora.

MP0831

Teleasistencia.

3. Ciclo formativo de grao superior de Construcións Metálicas.

Curso 2015/16.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0162

Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica.

MP0245

Representación gráfica en fabricación mecánica.

MP0246

Deseño de construcións metálicas.

MP0248

Procesos de mecanizado, corte e conformación en construcións metálicas.

MP0251

Formación e orientación laboral.

Curso 2016/17.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0163

Programación da produción.

MP0165

Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

MP0247

Definición de procesos de construcións metálicas.

MP0249

Procesos de unión e montaxe en construcións metálicas.

MP0252

Empresa e iniciativa emprendedora.

4. Ciclo formativo de grao superior de Química Industrial.

Curso 2015/16.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0186

Transporte de sólidos e fluídos.

MP0188

Operacións básicas na industria química.

MP0191

Mantemento electromecánico en industrias de procesos.

MP0192

Formulación e preparación de mesturas.

MP0193

Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos.

MP0194

Prevención de riscos en industrias químicas.

Curso 2016/17.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0185

Organización e xestión en industrias químicas.

MP0187

Xeración e recuperación de enerxía.

MP0189

Reactores químicos.

MP0190

Regulación e control de proceso químico.

MP0196

Formación e orientación laboral.

MP0197

Empresa e iniciativa emprendedora.

5. Ciclo formativo de grao medio de Mantemento Electromecánico.

Curso 2015/16.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0949

Técnicas de fabricación.

MP0950

Técnicas de unión e montaxe.

MP0952

Automatismos pneumáticos e hidráulicos.

MP0956

Formación e orientación laboral.

Curso 2016/17.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0951

Electricidade e automatismos eléctricos.

MP0953

Montaxe e mantemento mecánico.

MP0957

Empresa e iniciativa emprendedora.

Curso 2017/18.

Código do módulo

Nome do módulo

MP0954

Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico.

MP0955

Montaxe e mantemento de liñas automatizadas.