Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (325/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 325/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Romero Mato contra Ana Ribadeneira Pérez, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza nº 274, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

María Mercedes Pena Moreira, magistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo ordinario número 325/2014, sobre reclamación de cantidade, instados por Gonzalo Romero Mato, que compareceu ao acto da vista asistido do letrado Xavier Castro Martínez, constando como parte demandada Ana Ribadeneira Pérez, que non comparece, con intervención do Fogasa, que tampouco comparece, pronunciou a seguinte sentenza,

(…)

Resolución

Estímase a demanda formulada por Gonzalo Romero Mato fronte a Ana Ribadeneira Pérez, con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a demandada Ana Ribadeneira Pérez a aboar a Gonzalo Romero Mato a cantidade de catro mil cincocentos oitenta e catro euros con oitenta e catro céntimos (4.584,84 euros), que devindicará o xuro previsto no artigo 29.3 do ET. E impóñenselle as custas causadas no presente procedemento á demandada, nas cales se incluirán os honorarios do letrado do demandante, na contía de 300 euros.

Todo isto coas obrigas legais inherentes que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, María Mercedes Pena Moreira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana Ribadeneira Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

A secretaria xudicial