Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 38905

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de setembro de 2015 pola que se modifica a autorización do Centro de Estudios Marcote do concello de Vigo.

O representante da titularidade do Centro de Estudios Marcote, do concello de Vigo (Pontevedra), solicita a supresión dun ciclo formativo de grao superior (CS) Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha); e a autorización do CS Caracterización e Maquillaxe Persoal.

O centro conta con autorización para impartir, entre outros, o CM Caracterización e o CM Laboratorio de Imaxe. Conforme o anexo VII do Real decreto 832/2014, do 3 de outubro, derrógase o Real decreto 201/1996 que establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Caracterización e o Real decreto 447/1996 que establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de técnico en Laboratorio de Imaxe. Dado que o CM Caracterización consta de dúas unidades quedaría extinguido o 31 de agosto de 2016.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir un CS Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe.

2. Extinguir o CM Laboratorio de Imaxe.

3. Extinguir o CM Caracterización con efectos do 31 de agosto de 2016.

4. Autorizar o CS Caracterización e Maquillaxe Profesional, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Centro de Estudios Marcote.

Código: 36019116.

Enderezo: avda. da Ponte, 82.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Composición resultante:

a) Bacharelato: 2 unidades da modalidade de ciencias e 2 unidades da modalidade de artes.

b) Formación profesional:

• 1 CM Vídeo, Disc-Jockey e Son (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Caracterización e Maquillaxe Profesional (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Son para Audiovisuais e Espectáculos (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria