Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39514

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 6 de outubro de 2015 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal de atención especializada da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo e que se desenvolverá entre as 8.00 horas do día 13 de outubro e as 8.00 horas do día 14 de outubro de 2015.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros e conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A Xunta de Persoal da Área de Saúde de Vigo comunicou a convocatoria dunha folga que afectará o persoal de atención especializada da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo e se desenvolverá entre as 8.00 horas do día 13 de outubro e as 8.00 horas do día 14 de outubro de 2015.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga referida entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga, coa atención aos usuarios e usuarias que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Para a fixación dos servizos mínimos aténdese aos seguintes criterios reitores:

a) Persoal facultativo.

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de Diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (Radioterapia, Hospital de Día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente aos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, a criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables tanto dos pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático como dos pacientes desprazados.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes, e as que se refiren aos pacientes hospitalizados que, a criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal sanitario non facultativo.

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nun triplo ámbito:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervencións cirúrxicas inaprazables.

– Atención ás salas de partos.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e dos pacientes desprazados.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos pacientes hospitalizados que, a criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos pacientes, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

c) Persoal de xestión e servizos.

1. Urxencias: un número de efectivos que garantan a cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao de domingos ou festivos.

3. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ao paciente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

4. Atención ao paciente: un número de efectivos que garantan a atención ao paciente que o requira, cun mínimo dun por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

5. Servizos de mantemento: un número equivalente ao de domingos ou festivos.

6. Condutores: o mesmo número de efectivos que os domingos ou festivos, cun mínimo en todo caso dun efectivo.

7. Servizos administrativos:

– Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos pacientes.

– Persoal: o número imprescindible para garantir as incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40 % dos efectivos da quenda.

– Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25 % dos efectivos da quenda.

d) Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase con carácter xeral un número equivalente ao de domingos ou festivos.

Artigo 2

A determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores faraa a Xerencia da EOXI de Vigo, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse adecuadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será determinada pola Xerencia da EOXI e notificada ao persoal designado.

O dito persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de forma expresa.

No anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios do centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Hospital Álvaro Cunqueiro

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

131

78

67

Persoal sanitario subgrupo A2

173

135

108

Persoal sanitario subgrupo C1

18

11

11

Persoal sanitario subgrupo C2

128

104

65

Persoal da función administrativa

17

8

5

Persoal de mantemento

0

0

0

Persoal de lavandaría

0

0

0

Celadores

84

51

42

Outro persoal

2

1

0

Hospital O Meixoeiro

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

19

7

6

Persoal sanitario subgrupo A2

26

17

16

Persoal sanitario subgrupo C1

12

4

3

Persoal sanitario subgrupo C2

31

20

10

Persoal da función administrativa

6

3

0

Persoal de mantemento

6

4

1

Persoal de lavandaría

22

1

0

Celadores

13

9

6

Outro persoal

3

3

2

Outros centros

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

2

0

0

Persoal sanitario subgrupo A2

7

3

1

Persoal sanitario subgrupo C1

0

0

0

Persoal sanitario subgrupo C2

13

12

8

Persoal da función administrativa

18

0

0

Persoal de mantemento

1

1

1

Persoal de lavandaría

0

0

0

Celadores

3

2

0

Outro persoal

5

5

0