Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de outubro de 2015 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo procedente das fundacións para o desenvolvemento das comarcas que desenvolvían postos de xerente.

O pasado 5 de xaneiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 17 de decembro de 2014 pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente das fundacións para o desenvolvemento das comarcas que desenvolvían postos de xerente.

O 9 de abril de 2015 a Consellería do Medio Rural e do Mar, en virtude do establecido no artigo 3.2 da dita orde, remite á Dirección Xeral da Función Pública o expediente e a proposta de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal da extinta Fundación que exerceu a opción de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

A comisión de integración prevista no artigo 3.4 da orde remitiu á Dirección Xeral da Función Pública o seu informe o pasado 26 de outubro de 2015.

Así mesmo, á Dirección Xeral da Función Pública remitiu á Consellería de Facenda a proposta sobre as persoas interesadas que reúnen os requisitos para a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia e das persoas interesadas que non reúnen estes requisitos.

En consecuencia, en virtude das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e de acordo co disposto no artigo 10.3 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades integrantes do sector público autonómico que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, e co disposto no artigo 3.5 da Orde do 17 de decembro de 2014 pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo procedente das fundacións para o desenvolvemento das comarcas que desenvolvían postos de xerente.

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto da presente orde é resolver o procedemento de integración do persoal laboral fixo procedente das fundacións para o desenvolvemento das comarcas que desenvolvían o posto de xerente.

Artigo 2. Resolución

1. Vista a proposta realizada pola Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVO:

1. Acordar a súa integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas interesadas que se enumeran no anexo I da presente orde, co grupo e categoría profesional segundo o sistema de clasificación profesional establecido no V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e deberán ser adscritos con carácter provisional aos postos de traballo que lles serán notificados mediante resolución da Consellería do Medio Rural.

2. Acordar a non integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas interesadas indicadas no anexo II da presente orde.

3. A súa integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galicia, e deberán tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde a notificación da resolución de adxudicación de destino, agás que estean gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, neste caso, o cómputo comezará ao día seguinte da súa reincorporación ao posto de traballo. Os efectos económicos do cesamento serán do último día do mes en que se produza este, polo que, en consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino será o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento. 

Así mesmo, esta toma de posesión implica a súa renuncia voluntaria á situación anterior.

4. De acordo co previsto no artigo 12.5 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, realizaráselle un recoñecemento de servizos para o cálculo da antigüidade para efectos de trienios, para adecuar a súa antigüidade en termos de homoxeneidade coa prevista no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

5. Ao persoal integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o convenio colectivo único da Xunta de Galicia, sen que en ningún caso orixine dereito a ningunha indemnización.

6. Ao persoal que, como consecuencia da integración, experimente unha diminución en cómputo anual das retribucións fixas e periódicas, recoñeceráselle un complemento persoal de integración, de carácter transitorio, consistente na diferenza de retribucións, nos termos do establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, do 31 de maio, de xeito, que a equiparación total se producirá no prazo máximo de seis anos desde a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

7. Procederá a extensión da correspondente dilixencia de integración por parte da consellería en que sexa destinado o persoal integrado.

Artigo 3. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interporse recursos contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e poderase interpor previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a presente orde, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Proposta de integración respecto das solicitudes presentadas que cumpren todos os requisitos exixidos pola normativa vixente nesta materia para a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia:

Apelidos e nome

DNI

Fundación comarcal

Grupo e categoría profesional de integración

Andrade García, M. Gaspar

76710362-A

Arzúa

I-04 (titulado superior)

Callón Cameán, Juan Luis

52433045-Z

Ordes

I-04 (titulado superior)

Cambón Porteiro, Carlos

3426200-Y

Bergantiños

I-04 (titulado superior)

Carballo Blanco, Josefina

35457981-P

Terra de Caldelas

I-04 (titulada superior)

Enríquez López, Juan Carlos

3327055-S

O Morrazo

I-04 (titulado superior)

Fernández-Barja Martínez, Xosé Carlos

34256812-Z

Noia

I-04 (titulado superior)

Ferro Prieto, José Manuel

76558308-W

Deza

I-04 (titulado superior)

Gaiteiro Barreiro, Mª Jesús

33308500-S

Tabeirós-Terra de Montes

I-04 (titulada superior)

Gómez González, José Juan

34936954-T

A Ulloa

I-04 (titulado superior)

González Álvarez, Isabel

33991954-R

Terra de Lemos

I-04 (titulada superior)

González Loredo, Mª Azucena

34596229-C

A Mariña Oriental

I-04 (titulada superior)

González Solla, Salvador

34930575-S

A Paradanta

II-07 (titulado medio)

Hermida Torres, Elsa

34262563-S

Chantada

I-04 (titulada superior)

Lois Ferradás, José

52453986-W

O Carballiño

I-04 (titulado superior)

López Loureiro, Ana

76414427-D

Eume

I-04 (titulada superior)

Lorenzo Fernández, Manuel

30583799-D

Valdeorras

I-04 (titulado superior)

Monteagudo Romero, Mª Inés

77593208-V

Muros

I-04 (titulada superior)

Paz Fuentes, Mario

36053986-Z

A Mariña Occidental

I-04 (titulado superior)

Pérez Novo, Francisco Javier

35309126-D

A Fonsagrada

I-04 (titulado superior)

Pérez-Abadín Barro, José S.

35308605-V

Ortegal

I-04 (titulado superior)

Puga Barreiros, Milagros

33857612-W

Terra de Celanova

I-04 (titulada superior)

Romero Pérez, Javier

32746762-Y

Caldas

I-04 (titulado superior)

Soliño Bermúdez, Manuel

10063790-W

O Salnés

I-04 (titulado superior)

Somoza Torres, Mª Carmen

36101417-L

Baixo Miño

I-04 (titulada superior)

Valín Valdés, Manuel Alfonso

33309999-L

A Mariña Central

I-04 (titulado superior)

Vázquez Fernández, Sonia

34966103-P

Os Ancares

I-04 (titulada superior)

Vázquez Rodríguez, Sonia

35551496-M

O Ribeiro

I-04 (titulada superior)

Vicente Davila, Fernando

33319780-W

Santiago

I-04 (titulado superior)

Vilariño Pardo, Ana María

34973834-B

Verín

II-07 (titulada media)

ANEXO II

Solicitudes presentadas que non cumpren os requisitos para a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia:

Apelidos e nome

DNI

Fundación

Causa de denegación

Fernández García, José Ángel

33294235-X

Terra Chá

Non cumpre o requisito do artigo 1.3.e) da Orde do 17 de decembro

Cid Borrajo, José Vicente

76363284-H

Terra de Trives

Non cumpre o requisito do artigo 1.3.e) da Orde do 17 de decembro