Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42812

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de outubro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Nóminas.

Unha vez convocada mediante Resolución do 2 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 29 de xuño) a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Nóminas da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. A convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Nóminas da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado mediante Resolución do 2 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 29 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 22 de outubro de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Nóminas da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: Suárez Méndez, María del Carmen.

DNI: *****311G (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.