Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43332

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de novembro de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do departamento.

En consecuencia, por proposta dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 13 de novembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de novembro de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

P.D. (Orde 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file