Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43331

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza